viernes, 22 de abril de 2016

REFLEXIÓN DO CURSO AMBIENTES PERSOAIS DE APRENDIZAXE

REFLEXIÓN DO CURSO AMBIENTES PERSOAIS DE APRENDIZAXE

Sen dúbida este curso foi positivo para min. O enfoque que se lle deu foi moi axeitado, cunha metodoloxía adaptada as características e a situación do alumnado e cunha secuencia moi lóxica de realización. Estou moi satisfeito porque permitiume retomar varias estratexias que tiña xa abandoadas fai tempo e comprender mellor coma se utiliza os ambientes persoais e as redes sociais como recurso na educación. Inda que xa usaba redes sociais e recursos de Tics e un factor clave a actualización constante, polo ritmo acelerado das técnicas de comunicación. A miña idea é aprender e utilizar aplicacións, ferramentas, metodoloxías activas, avaliacións, alumnos presenciais-en liña, dispositivos móbiles, etc... para construír a miña identidade dixital e a miña identidade como docente e así mellorar a miña metodoloxía de traballo.
En referencia o curso mellorei o meu desenvolvemento co twiter e aprendin a utilizar RSS (Feddly), a utilizar marcadores sociais que nunca o había feito antes (Diigo) e a facer curación de contidos (Pinterest). En referencia as comunidades virtuais xa utilizara o Facebook, e a de Google pero aprendin una nova a SocialWare, e coma último a creación de Wikis.
Por último agradecer enormemente os titores o seu apoio, axuda e palabras alientadoras, tanto a Carlos López como a Vicente Novegil, que tiven a sorte de que fora meu profesor por segunda vez todo un privilexio polo súa enseñanza como polo seu magnifico sentido do humor....único¡¡¡¡ Gracias Vicente¡¡¡¡
E como diría Howard G. Hendricks "La enseñanza que deja huella no es la que se hace de cabeza a cabeza, sino de corazón a corazón"
 
 
Por último aprendin que non se educa so coñecementos senon tamen valores, e invitovos a que vexades este video:
 
 
 
Marcos Fernández Lorenzo
 
 
 
 
 
 

 

1 comentario:

  1. Foi un verdadeiro pracer, Marcos. Con alumnos coma ti, sempre disposto a axudar e colaborar, todo é máis doado. Unha aperta

    ResponderEliminar